Camiñando xuntos
Durante a miña estancia en Tui, coincidimos por motivos laborais traballadores de diversas xeracións. Lonxe das nosas respectivas casas, aproveitábamos as tardes para explorar a contorna, especialmente ao outro lado do Miño, pois únicamente un curto paseo separada España de Portugal.
Esta é unha desas tardes na que nos xuntamos para coñecer a Raia nas zonas periurbanas. A primaveira estaba xa entón afianzada, como amosou a calurosa, pero tormentosa, tarde que pasamos. Como resultado, topámonos cuns ceos moi vistosos e multitude de recentes charcas que tivemos que sortear, non sen evitar por completo a molladura.
Isto é o que se presenta na fotografía: un ceo asombroso, a controna periurbana de Valença do Minho coas súas explotacións vinícolas, unha paisaxe húmida pero cálida, o núcleo de Tui ao fondo e un paseo no que varias xeracións comparten experiencias e perspectivas.